Michael Cebral, webs de autor en Lugo
Ti imaxínala.Eu fágoa.
Webs feitas a man para negocios de Lugo
Acendendo a montra
Aviso legalPrivacidadeSen cookies
A montra non se pode acender neste navegador. Aquí tes todo en texto.
Clientes
Algunhas das webs que fixen. Abre unha para vela de preto.

1 / 5
Team 101-2
Asociación de tute de Lugo
Querían contar as edicións do seu torneo e ensinar a xogar a quen nunca colleu unha carta. Fixen unha mesa de tapete verde en 3D, baixo un flexo que segue o rato, e colguei as edicións enmarcadas na parede.

2 / 5
Laika's Company
Documentais e comunicación do espazo
Unha empresa nova que quere contar o espazo necesitaba marca e web. Fíxenlle o logo, que se move, unha lúa iluminada a medias e os servizos bordados en parches que se dan a volta.

3 / 5
Arquivo Nós
Atlas da memoria de Galicia
Os datos de Galicia estaban espallados en mil arquivos. Xunteinos nun só mapa, con capas de despoboamento, lume, monte veciñal, marisqueo e lingua, e cada dato leva a súa fonte.

4 / 5
mcebral.com
Web persoal dun investigador
Había que contar unha carreira entre o laboratorio e o espazo sen que parecese un currículo. Fixen unha cabina de estación espacial que se explora, e unha consola onde cada proxecto é un cartucho.


5 / 5
EOGuessr
Xogo diario con imaxes de satélite
A idea era que mirar a Terra dende o espazo fose un xogo de cada día. Cada día saen cinco lugares do mundo vistos dende un satélite, e ti adiviñas onde están.

E o teu negocio?
Cóntame que tes en mente, por raro que pareza. Se se pode imaxinar, pódese facer.
Non uso plantillas, así que a túa web non se vai parecer á de ninguén. E sae moito máis barata do que pensas.
Como traballo
- EscoitoVou ao teu negocio, miro e pregunto.
- ImaxinoDebúxoche a idea antes de programar nada.
- FagoPara móbil e ordenador, nos idiomas que precises.
- CoidoAloxamento, copias e cambios. Ti segues co teu.
Tamén fago fotos e vídeo, logo e marca, e reservas e citas en liña.
Non hai axencias nin intermediarios polo medio, así que o prezo sae moito máis competitivo do que imaxinas.
Michael Cebral

Son galego e veño da ciencia. Investiguei en laboratorios de España, Reino Unido e Suecia e pasei pola Axencia Espacial Europea.
Agora fago webs para negocios de Lugo. Falas comigo, e quen fai a túa web, dende o primeiro debuxo ata a última liña de código, son eu.
Pasa e cóntame.
Déixame o teu nome e como chegarche. Respóndoche eu axiña, e sen compromiso.
Grazas.
Xa teño o teu aviso. Chámote ou escríboche eu axiña, e falamos do teu negocio con calma.
Non saíu desde aquí
O aviso non se puido enviar desde a web. Mándamo por correo, que xa vai escrito, ou chámame.
Abrir o correoAviso legal
Esta web é de Michael Cebral López, profesional autónomo en Lugo, con NIF pendente e domicilio en pendente. Podes escribirme a cebralweb@gmail.com.
Os textos, os debuxos e o deseño son meus. As capturas das webs dos clientes ensínanse co seu permiso, e cada unha leva á súa web.
Os tipos son Gloock, Brygada 1918 e Reenie Beanie, coa licenza SIL Open Font License 1.1. O tempo de Lugo vén de Open-Meteo, con licenza CC BY 4.0.
Estes datos cumpren o artigo 10 da Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información.
Privacidade
Quen trata os teus datos. Michael Cebral López, NIF pendente, con domicilio en pendente, Lugo. Correo cebralweb@gmail.com.
Para que. Só para responder ao que me envías polo formulario e, se mo pides, preparar un presuposto. Non hai boletíns nin publicidade.
Con que base. O teu consentimento ao enviar o formulario e as medidas precontractuais que ti pides, segundo o artigo 6.1 a e b do Regulamento xeral de protección de datos.
Quen máis os ve. Netlify, Inc., que aloxa esta web e garda os envíos do formulario, como encargado do tratamento. Se me escribes por WhatsApp ou por correo, eses servizos tratan a mensaxe segundo as súas propias condicións.
Canto tempo. O tempo necesario para responderche. Se traballamos xuntos, o que marque a lei para as facturas. Prazo exacto pendente.
Os teus dereitos. Podes pedir ver, corrixir ou borrar os teus datos, opoñerte ou limitar o seu uso e levalos contigo. Escríbeme a cebralweb@gmail.com. Se cres que non os tratei ben, podes reclamar na Axencia Española de Protección de Datos.
Cookies. Esta web non usa cookies nin analítica de ningún tipo.